12 de mayo de 2016
Actividades na Reserva da Biosfera dos Ancares
Dentro da programación de actividades para a celebración do
10º Aniversario da Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses, o cartel contén a información sobre as actividades que se levarán a cabo nos tres concellos da Reserva (Cervantes, Navia de Suarna e Becerreá) durante os meses de maio a setembro de 2016, propostas por representantes do territorio e pola poboación local.
Á volta do verán, estará dispoñible tamén información sobre as actividades que se desenvolverán no último trimestre do ano, e que se centrarán no concello de Cervantes, corazón da Reserva da Biosfera.
Todas as actividades son gratuítas e teñen aforo limitado, polo cal é preciso reservar praza, a través do correo electrónico
ancareslucenses@deputaciónlugo.org ou no teléfono 982 227 812.