Sociedade Micolóxica Lucus
Estudio, promoción y divulgación de la micología

RECETAS DE SETAS


Grissini de cogomelos

                            
                     

Esta receita é unha adaptación da receta de Jeffrey Hamelman do libro "El Pan"
 
Os grissini son uns paus de pan, como os que se dan aos nenos nas panaderías que serven de aperitivos para acompañar calquera prato de picoteo.
 
Para acadar o po de cogomelos, na tempada dos cogomelos, escoller os cogomelos que se queira (neste caso é unha mestura de Boletus edulis, níscalos e lingua de vaca), deshidratalos e moelos. Nun bote de cristal pechado aguantan todo o inverno.
 
Ingredientes:
  • 500 gr de fariña panadeira
  • 260 gr de auga
  • 60 gr de aceite de oliva
  • 50 gr de manteiga
  • 10 gr de sal
  • 15 gr de lévedo
  • 15 gr de po de cogomelos
Elaboración:
 
Mesturar todos os ingredientes e amasar
Deixar fermentar durante unha hora
Dividir a masa en dúas pezas e estiralas nun rectángulo de 1 cm.
Deixar repousar 15 minutos
Ir cortando tiras de 1 cm, estiralas e darlle voltas, facendo a forma do grissini
Neste punto se se quere pódese engadir queixo raiado, sal en escamas, allo asado, herbas aromáticas, sementes de papoula ou sésamo, pementa negra ou o sabor que se lle queira dar. Ou nada, simplemente co sabor que teñen e o que lle dan os cogomelos.
Enfornar a 190 graos uns 20-30 minutos, ata que collan a cor.
Aguantan ata 5 días nun bote hermético.

Imaxes dos procesos de elaboración:



Volver