III XORNADAS SOBRE MICOGASTRONOMÍA: A COCIÑA DOS COGOMELOS
OBXECTIVOS DAS XORNADAS
Galicia presenta unha riqueza micolóxica cun extraordinario valor ambiental, económico e culinario. No ámbito gastronómico os cogomelos comestibles presentan sabores e matices únicos que ofrecen novas posibilidades á xa de por se rica cociña galega. Por todo iso o obxectivo básico destas xornadas é continuar o labor das anteriores edicións ensinando dun modo práctico as técnicas e múltiples opcións que formulan os cogomelos na cociña sen esquecer a importancia de sensibilizar no respecto e sostibilidade deste recurso natural dos nosos bosques.
En concreto preténdese:
- Revisar as características que identifican ás principais especies de fungos silvestres comestibles e tóxicas.
- Revisar as características que identifican ás principais especies de fungos silvestres comestibles e tóxicas.
- Mostrar as especiais posibilidades que ofrecen algúns grupos de cogomelos.
- Ensinar directamente en cociña distintos pratos e preparacións con cogomelos nas súas múltiples facetas: como acompañamento ou como ingrediente principal, dende preparacións tradicionais ata innovadoras.
- Promocionar e potenciar a riqueza micolóxica e gastronómica da Provincia de Lugo.
DIRIXIDO A
A todo o público en xeral, con especial interese para profesionais do sector da restauración e afeccionados á micoloxía e gastronomía. (Por motivos de operatividade e dimensionamento, podería haber limitacións de prazas)
RELATORES
Persoas con ampla experiencia e coñecementos sobre a micoloxía e/ou micogastronomía e a súa divulgación.
- Jesús Blanco Rey: Docente de formación de cociña. Asesor técnico de empresas de hostalería e restauración. Relator en diversos eventos sobre cociña de cogomelos.
- José Luis Tomé Ortega: Membro da Asociación Micolóxica “Brincabois” de Pontevedra. Relator en múltiples cursos micolóxicos e autor de diversos artigos especializados en cociña de cogomelos.
- Conchi Zuñiga: Creadora e xestora do coñecido blog especializado en cociña de cogomelos “Cocinandosetas”. Participante e conferenciante en múltiples eventos sobre micogastronomía.
- Carlos Fernández Vidal: Brillante cociñeiro do Restaurante España de Lugo que organiza todo os outonos exitosas xornadas sobre cociña de cogomelos.
- Julián Alonso Díaz: Presidente da Sociedade Micolóxica Lucus. Profesor e conferenciante en múltiples cursos e xornadas de divulgación micolóxica.
|