Sociedade Micolóxica Lucus
Estudio, promoción y divulgación de la micología
 

NOTICIAS


03 de febrero de 2016

Xornada informativa e debate sobre a venda directa dos productos primarios

Informámosvos que a xornada informativa e de debate sobre a venda directa dos produtos primarios desde as explotacións á persoa consumidora final celebrarase o próximo xoves 25 de febreiro de 2016 de 18:00 a 20:30 h na Casa das Ínsuas en Rábade (rúa José Pardo y Pardo Montenegro nº 27), co obxectivo de expoñer o impacto que esta normativa supón na comercialización actual de produtos agroalimentarios tanto en festas como en establecementos locais.

Nesta xornada realizarase un análise e debate do Decreto 125/2014 sobre a venda directa dos produtos primarios desde as explotacións á persoa consumidora final, que xera inquietude entre todos os eidos. Trátase de xerar un punto de encontro, onde se poida debater e xerar ideas de como implementalo de xeito que beneficie a todo o mundo, ao consumidor e ao
produtor.

Os poñentes da xornada serán os seguintes:

· D. Antonio Ventura Figueroa Paz en representación da Asociación Terras de Lugo.
· Dª. Isabel Vilalba Seivane en representación do Sindicato Labrego Galego.
· D. Xosé Ramón Rodríguez Iglesias, produtor e xerente dunha explotación agropecuaria.
· Representante da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.

Para unha mellor organización da actividade, rogamos confirmen a súa asistencia no enderezo electrónico terrasdomino@deputacionlugo.org ou no teléfono 982227812.

Agardamos que esta iniciativa sexa do voso interese.

Reserva da Biosfera Terras do Miño
Deputación de Lugo

Volver