Sociedade Micolóxica Lucus
Estudio, promoción y divulgación de la micología

EVENTOS SMLUCUS


Xornadas sobre Micoloxía e Medio Ambiente
22 de abril de 2016

Xornadas sobre Micoloxía e Medio Ambiente

Programa:   
 
Día 22 de abril, venres
  •  19:30 horas: Conferencia “Micoloxía e Medio Ambiente” Impartida por Julián Alonso, Presidente da Sociedade Micolóxica Lucus 
 Nesta conferencia explicarase qué é o medio ambiente e os ecosistemas, o delicado equilibrio que os sostén, a importancia do seu coidado e conservación e o papel fundamental que xogan os fungos nestes.
 
Día 23 de abril, sábado
  •  10:00-13:30 horas:  Xornada práctica e de sensibilización ambiental "Micoloxía e Medio Ambiente" con recollida solidaria de lixo. 
Consistirá nunha saída ao campo na Reserva da Biosfera Terras do Miño onde se explicará a función dos fungos no equilibrio natural dos ecosistemas.
 
Dedicarase tamén a xornada á recollida solidaria de residuos e lixo que se atopen na saída.
O lixo recollido polos asistentes será retirado despois pola firma adxudicataria da recollida de lixo na cidade, contribuíndo así a manter en bo estado os valiosos ecosistemas naturais de Lugo.
 
A organización fornecerá aos participantes de material para a recollida de lixo (paus punzantes, sacos, luvas...)
 
NOTA: Non se trata de ningunha recollida de cogomelos, polo que non hai que levar cesta.
 
Obxectivo:    O obxectivo desta actividade é a concienciación da cidadanía sobre a preservación e coidado dos ecosistemas naturais e especialmente dirixido aos nenos, para que dende novos teñan conciencia deste importante labor.
 
Por outra banda, a Sociedade Micolóxica Lucus, como entidade lucense que forma parte do Órgano de Participación da Reserva da Biosfera Terras do Miño, debe implicarse na formación medioambiental da cidadanía en xeral e dos nenos en particular, para o cumprimento dos obxectivos da Reserva.
 
Inscrición:   A Deputación de Lugo está a xestionar as inscricións para esta conferencia, polo que deben facerse na web da propia Deputación, elixindo a conferencia e cubrindo o formulario de inscrición da seguinte ligazón:

Acceder ao formulario de inscrición
 
Prezo e asistencia:     Esta actividade é gratuíta e de entrada libre previa inscrición.
 

Volver