Sociedade Micolóxica Lucus
Estudio, promoción y divulgación de la micología

Próxima actividad pública de la SMLucus


Xornada de limpeza dos bosques


Data:    22 de abril de 2017 (sábado)
 
Lugar de partida:    Centro de Interpretación Terras do Miño  
 
                           (Xunto ao Restaurante do Río Rato)
                           Paseo do Río Rato, s/n

Breve descrición da actividade:
 
Consistirá nunha saída ao campo en plena Reserva da Biosfera Terras do Miño onde se explicará a función dos fungos no equilibrio natural dos ecosistemas naturais.
 
Dedicarase tamén a xornada á recollida solidaria de residuos e lixo que se atopen na saída.
O lixo recollido polos asistentes será retirado despois pola firma adxudicataria da recollida de lixo na cidade, contribuíndo así a manter en bo estado os valiosos ecosistemas naturais de Lugo.
 
A organización fornecerá aos participantes de material para a recollida de lixo (paus punzantes, sacos, luvas...)
 
 Obxectivo:    O obxectivo desta actividade é a concienciación da cidadanía sobre a preservación e coidado dos ecosistemas naturais e especialmente dirixido aos nenos, para que dende novos teñan conciencia deste importante labor.
 
Por outra banda, a Sociedade Micolóxica Lucus, como entidade lucense que forma parte do Órgano de Participación da Reserva da Biosfera Terras do Miño, debe implicarse na formación medioambiental da cidadanía en xeral e dos nenos en particular, para o cumprimento dos obxectivos da Reserva.
 
Inscrición:   A Deputación de Lugo está a xestionar as inscricións para esta actividade, polo que deben facerse elixindo esta actividade no formulario de inscrición a web da propia Deputación, á que podes acceder na seguinte ligazón:

Acceder ao formulario de inscrición

Prezo:     Esta actividade é gratuíta
 
Asistencia:     Esta actividade é aberta ao público en xeral, polo que pode asistir calquera persoa, aínda que non sexa socio/a, eso si, inscribíndose previamente. AS PRAZAS SON LIMITADAS
 
Preme aquí para ver o evento en Facebook